{"product_id":"camiseta-negra-voltarei-hard-gz-by-rio-1923","title":"Camiseta Negra Voltarei · Hard GZ · RIO1923","description":"\u003cstyle\u003e\na {\n    text-decoration: none;\n    color: #464feb;\n}\ntr th, tr td {\n    border: 1px solid #e6e6e6;\n}\ntr th {\n    background-color: #f5f5f5;\n}\n\u003c\/style\u003e\n\u003cdiv\u003e\n\u003cp\u003eO Celta volve á Europa League nove tempadas despois da súa última participación e faino co orgullo de representar a Galicia e á súa xente por todo o continente. Un motivo de celebración que nos fai botar a vista atrás para lembrar a todos os galegos e galegas que, sobre todo durante a segunda metade do século XX, tiveron que marchar a Europa, pero por outro motivo.\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003eCalcúlase que unhas 500.000 persoas partiron desde Galicia cara a países como Francia, Suíza ou Alemaña coa única idea de construír un futuro mellor para os seus. Este carácter loitador forma parte do noso carácter como club, moitas veces resumido na nosa famosa Afouteza.\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003eLanzamos unha homenaxe musical para lembrar a todos os galegos que tiveron que abandonar a nosa terra con destino a lugares afastados como América ou, máis próximos, como Europa, pero asumindo unha importante fenda cultural e idiomática.\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003eEsta homenaxe convértese, baixo o paraugas de Río 1923, nunha colaboración musical entre o Celta e Hard GZ. ‘Voltarei’ é un recoñecemento a eses galegos que mantiveron na distancia esa esperanza de regresar ao fogar.\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003eUnha composición enérxica, que achega estas historias ás novas xeracións para que nunca se esquezan, a través dos nosos sons máis autóctonos. ‘\u003cem\u003eVoltarei\u003c\/em\u003e’ é tamén un videoclip onde a nosa paisaxe e o sentimento de pertenza se fusionan para contar esta historia que remata creando unha oda á identidade.\u003c\/p\u003e\n\u003c\/div\u003e","brand":"TITOCUSTOMS S.L.","offers":[{"title":"S","offer_id":55486488412489,"sku":"13728","price":29.95,"currency_code":"EUR","in_stock":true},{"title":"M","offer_id":55486488379721,"sku":"13728","price":29.95,"currency_code":"EUR","in_stock":true},{"title":"L","offer_id":55486488346953,"sku":"13728","price":29.95,"currency_code":"EUR","in_stock":true},{"title":"XL","offer_id":55486488445257,"sku":"13728","price":29.95,"currency_code":"EUR","in_stock":false},{"title":"XXL","offer_id":55486488478025,"sku":"13728","price":29.95,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0965\/1893\/0761\/files\/13728caminegrario1923.png?v=1792502356","url":"https:\/\/tenda.celta.gal\/en\/products\/camiseta-negra-voltarei-hard-gz-by-rio-1923","provider":"Celta","version":"1.0","type":"link"}