{"product_id":"libro-4-oubina","title":"Libro 4 Oubiña","description":"\u003cstyle\u003e\na {\n    text-decoration: none;\n    color: #464feb;\n}\ntr th, tr td {\n    border: 1px solid #e6e6e6;\n}\ntr th {\n    background-color: #f5f5f5;\n}\n\u003c\/style\u003e\n\u003cdiv\u003e\n\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eSinopse:\u003c\/strong\u003e Calquera afeccionado coñece a traxectoria de Oubiña. En cambio, poucos coñecen a súa vida: as dez operacións, o seu traballo co psicólogo deportivo, a importancia crucial da súa familia, a angustia de sentirse exfutbolista, a calma da auga fría sobre o seu maltreito xeonllo.\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003eA través desta biografía en primeira persoa, Borja Oubiña narra a súa historia e moitas outras. A súa historia, a do único canteirán que conseguiu facerse un oco no once do Eurocelta, a do prometedor futbolista truncado polas lesións, a do xogador que conseguiu regresar e abrir a porta ao Celta de canteira de hoxe. Pero, ademais, da man de Borja, neste libro relucen moitas outras, que convidan a descubrir, por exemplo, o mundo dos representantes e os controis antidopaxe, o potencial da Liga de finais dos noventa e a dura resaca posterior, o negocio do fútbol ou a extrema esixencia física do deporte de elite.\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003eBorja Oubiña, a persoa e o futbolista, o home que se sente máis orgulloso do conseguido fóra do campo que dentro del, o xogador que se pregunta ata onde podería ter chegado. Un testemuño fundamental para calquera amante do fútbol e do deporte, unha biografía única e, ao mesmo tempo, unha historia universal.\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eAutor:\u003c\/strong\u003e Iago Solleiro\u003c\/p\u003e\n\u003c\/div\u003e","brand":"Celta","offers":[{"title":"UN","offer_id":55487217271113,"sku":"12426","price":25.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0965\/1893\/0761\/files\/12426_1.png?v=1792569762","url":"https:\/\/tenda.celta.gal\/products\/libro-4-oubina","provider":"Celta","version":"1.0","type":"link"}