Hai cores que teñen un significado especial. A cor celeste da camiseta do Celta, combinado co branco do pantalón, conforman as cores da bandeira galega desde que Baliño Ledo decidiu que o Celta representaría a todos os galegos en 1923.
a bandeira galega na pel
Un dos fundadores do club, Juan Baliño Ledo, foi o gran arquitecto que traballou a identidade do Celta, un avogado de formación humanista e conviccións galeguistas moderadas, que interpretou e dotou ao club dun nome e unhas cores que hoxe son inseparables do que é Galicia.

Co paso dos anos, o celeste deixou de ser simplemente a cor dunha camiseta para converterse nun dos grandes símbolos do Celta e a súa xente.
Xeración tras xeración, xogadores, afección e toda unha cidade atoparon nela unha forma de recoñecerse. Máis que unha identidade visual, o celeste representa unha maneira de entender o club: un vínculo que pasa de pais a fillos e que une a miles de persoas arredor dun mesmo sentimento.
" naceu co corazón celeste "
- Jennifer Rueda, Informe Aspas (Movistar+, 2022)







