Preguntas frecuentes
🛒 Pedidos e proceso de compra
Realizar un pedido na Tenda do Celta é moi sinxelo:
1. Navega pola tenda e engade os produtos que desexes ao teu carriño.
2. Accede ao carriño e revisa o teu pedido.
3. Fai clic en “Proceder ao pago”.
4. Introduce os teus datos de envío e facturación.
5. Selecciona o método de envío e a forma de pago que prefiras.
6. Confirma o pedido e recibirás un correo electrónico coa confirmación de compra.
Se tes algún problema durante o proceso, podes contactar connosco a través de https://rccelta.es/gl/escoitamos/ Marcando como motivo "tenda".
O proxecto Rio1923 conta coa súa propia tenda online, entra xa en rio1923.gal. Se queres combinar produtos de ambas tendas, terás que facer dous pedidos separados.
Non é necesario ter unha conta en tenda.celta.gal para poder realizar unha compra na nosa web. De todos modos, recomendamos a creación dunha conta de usuario para garantir un mellor servizo posventa, e máis se tes o carné Celtista.
Unha vez realizada unha compra, recibirás unha confirmación de compra ao teu correo. Tamén enviaremos cada actualización de estado do teu pedido para que poidas saber como vai.
Non é posible modificar un pedido unha vez finalizado, será necesario cancelalo e realizar un novo. Para solicitar a cancelación ponte en contacto connosco a través de https://rccelta.es/gl/escoitamos/ Marcando como motivo "tenda".
Se o pedido xa foi xestionado, non será posible a cancelación. Deberase proceder á devolución unha vez recibido o pedido.
Importante: se o produto adquirido leva serigrafía e xa se estampou, non se poderá cancelar.
Cada vez que actualicemos o teu pedido, recibirás un correo electrónico co estado do mesmo.
Contacta directamente con nós a través de escoitamos en https://rccelta.es/gl/escoitamos/ Marcando como motivo "tenda".
Só poderás realizar pedidos pola web, en tenda.celta.gal ou en rio1923.gal.
💳 Pagos
Poderás pagar o teu pedido con tarxeta de crédito (Visa, Mastercard, Maestro, Amex), Google Pay, Apple Pay ou Paypal.
Si. No último paso do proceso de compra deberás escoller o método de pago.
Totalmente. A tenda online do Club conta con sistemas de cifrado e plataformas de pago seguras, para que os teus datos persoais e bancarios estean sempre protexidos.
Traballamos unicamente con provedores de pago de confianza (Visa, Mastercard, PayPal ou Bizum) e seguimos os estándares máis altos de seguridade online.
O importe cobrarase no momento de realizar a compra.
Si. Poderás solicitar a factura do pedido a través de https://rccelta.es/gl/escoitamos/ Marcando como motivo "tenda".
🚚 Envíos
O teu pedido chegará entre 3-7 días laborais. É posible que algún produto en concreto teña outros prazos. Se un produto ten outros prazos, estará especificado na súa descrición de produto.
Si. Facemos envíos internacionais para poder atender as necesidades de todos os Celtistas polo mundo.
Toda a información de envíos a tes dispoñible na páxina de “Envíos”.
Sí. Os pedidos nacionais terán envío gratuito a partir dos 80€.
Cando o teu pedido saia enviado, chegarache un email co número de tracking para poder realizar o seguimento.
Os nosos trámites aduaneiros son automáticos. Se a axencia de transporte deuche esta información ou se o revisaches no seguimento do teu pedido, por favor, fáinolo saber por se houbese algún erro na documentación do teu pedido. Deberás contactar connosco a través de https://rccelta.es/gl/escoitamos/ elixindo como motivo “tenda".
No caso de que o pedido teña unha incidencia, deberás contactar connosco a través de https://rccelta.es/gl/escoitamos/ elixindo como motivo “tenda".
Si. No momento de realizar a compra, deberás seleccionar a opción "Recollida en tenda Abanca Balaídos".
🔁 Devolucións, cambios e garantías
Por suposto, dispoñerás dun prazo de 30 días desde a data de recepción do produto. Os artigos personalizados non se poderán cambiar nin devolver.
1. Todo produto personalizado.
2. Todo produto que non manteña as etiquetas orixinais coas que foi entregado.
3. Produtos que fosen usados ou danados debido a un uso diferente ao necesario para comprobar a súa natureza, características ou funcionamento.
Non. Os produtos serigrafiados ou personalizados non se poderán cambiar nin devolver.
Non realizamos cambios de talla nin de produto. Será necesario realizar a devolución do artigo e tramitar un novo pedido coa talla desexada. Calquera dúbida, contacta connosco a través de https://rccelta.es/gl/escoitamos/ elixindo como motivo “tenda".
Os produtos con serigrafía non se poderán cambiar nin devolver.
Salvo un erro no teu pedido, calquera devolución correrá a cargo do comprador.
O produto debe estar nas mesmas condicións nas que foi enviado.
No caso de que o pedido teña unha incidencia, deberás contactar connosco a través de https://rccelta.es/gl/escoitamos/ elixindo como motivo “tenda".
👤 Conta de cliente
Crear unha conta na tenda online do Celta é moi sinxelo:
1. Entra en iniciar sesión na parte superior dereita da web e fai clic en crear conta.
2. Enche os campos do formulario (nome, apelidos, correo electrónico e contrasinal).
3. Acepta os nosos termos e condicións.
4. Accede coa túa conta.
Sí. Poderás realizala túa compra como convidado, aínda que recomendamos facer unha conta para garantir o mellor servizo posventa posible.
1. Entra a iniciar sesión no menú superior da web.
2. Fai clic en "Esqueciches o teu contrasinal"
3. Introduce o teu email e clica en "entregar" para poder restablecer o teu contrasinal.
4. Unha vez recibido o email, clica en "Restablecer o teu contrasinal".
5. Introduce o teu novo contrasinal e gárdaa.
6. O teu contrasinal actualizarase e poderás acceder con ela á túa conta.
Desde o teu perfil de usuario poderás editar os teus datos. Se tes calquera incidencia, contacta connosco a través de https://rccelta.es/gl/escoitamos/ elixindo como motivo “tenda".
Cando te conectes coa túa conta, no icono "usuario" poderás acceder ao historial dos teus pedidos.
En caso de querer eliminar a conta, ponte en contacto connosco a través de https://rccelta.es/gl/escoitamos/ elixindo como motivo “tenda".
🏴 Celtistas
Poderás atopar toda a información en https://rccelta.es/celtistas/ sobre como facerte celtista e todos os beneficios aos que accederás.
Terás un 10% de desconto nos produtos. Podes consultar todos os beneficios en https://rccelta.es/celtistas/
Para acceder ao desconto de celtista, será necesario que crees a túa conta na tenda online co mesmo email que tes no teu perfil de celtista. O sistema detectará que o email pertence a unha conta celtista e xa che aplicará o 10% de desconto en cada produto no carriño da compra.
Se tes calquera incidencia co desconto, ponte en contacto connosco a través de https://rccelta.es/gl/escoitamos/ Marcando como motivo "tenda".
O cupón de 10€ poderase aplicar na casilla indicada no proceso de compra.
👕 Información sobre produtos
Todos os produtos de tenda.celta.gal, Rio1923.gal e as tendas Celta físicas, son oficiais e licenciados.
Na ficha de cada produto poderás atopar a información relativa aos mesmos, incluída a guía de tallas.
Sí. As camisetas oficiais de xogo poderán personalizarse. Escolle a opción “Personalizada” e escolle o nome do teu xogador preferido, ou insire manualmente o nome e número que queres marcar no teu dorsal.
Para calquera consulta sobre os produtos, ponte en contacto connosco a través de https://rccelta.es/gl/escoitamos/ elixindo como motivo “tenda".
Nas fichas de produto atoparás a información de composición e coidado dos produtos.
🎟️ Promocións, cupóns e ofertas
Segue estes pasos:
1. Engade os produtos que desexas comprar ao carriño.
2. Fai clic en Proceder ao pago.
3. Na pantalla de pago, localiza o campo chamado Código de desconto, Cupón ou Discount code.
4. Introduce o teu código promocional exactamente como aparece.
5. Fai clic en Aplicar.
6. O desconto reflectirase automaticamente no total do pedido se o cupón é válido.
Importante: o código debe escribirse sen espazos adicionais e respectando maiúsculas/minúsculas se aplica.
Si. Os cupóns de desconto poden ter unha data de caducidade definida pola tenda. Unha vez superada esa data, o código deixará de funcionar automaticamente. Ademais, os cupóns tamén poden ter límites de uso ou condicións específicas de compra. En calquera caso, deberán reflectirse nas súas condicións.
Isto dependerá de se as promocións son compatibles entre si. Normalmente, os cupóns non poden combinarse. Só nalgúns casos pode ser posible utilizar máis dun cupón de desconto no mesmo pedido. En caso de ser así, especificarase nas condicións.
Non. As promocións e códigos de desconto non son aplicables a produtos que xa estean rebaixados ou en oferta, salvo que se indique expresamente o contrario.
A mellor forma de non perder ningunha novidade é subscribíndote á nosa newsletter. Recibirás información sobre novas coleccións, promocións exclusivas, descontos e ofertas especiais directamente no teu correo electrónico.
Podes subscribirte facilmente introducindo o teu email no formulario que atoparás na parte inferior da nosa tenda online.
📰 Rexistro / Newsletter
Podes subscribirte facilmente introducindo o teu email no formulario que atoparás na parte inferior da nosa tenda online.
Recibirás comunicacións sobre lanzamentos, novas coleccións, ofertas e descontos exclusivos, campañas estacionais como Black Friday ou rebaixas de tempada, e novidades en merchandising e accesorios oficiais do club.
Por suposto. En todas as nosas comunicacións comerciais terás a opción de deixar de pertencer á nosa base de datos. Poderás tamén poñerche en contacto con nós a través de LOPD@celta.gal
📞 Soporte / contacto
A nosa plataforma de Escoitamos está dispoñible as 24 horas para calquera consulta. Garantimos resposta nun período de 5 días hábiles.
Podes escribir a Escoitamos na seguinte ligazón: https://rccelta.es/escoitamos/ elixindo como motivo “tenda".
Podes escribir a Escoitamos na seguinte ligazón: https://rccelta.es/escoitamos/ elixindo como motivo “tenda".
Non atopas as túas preguntas?
Se non atopas a resposta á túa pregunta nas nosas preguntas frecuentes, podes enviarnos unha mensaxe enchendo o formulario a continuación.
