-
Xogo{ $store.xMobileNav.close() }, 0)" >
-
Xogadores{ $store.xMobileNav.close() }, 0)" >
- Iván Villar 1
- Carl Starfelt 2
- Sergio Carreira 5
- Ilaix Moriba 6
- Borja Iglesias 7
- Ferrán Jutglá 9
- Iago Aspas 10
- Manu Fernández 12
- Andrei Radu 13
- Álvaro Núñez 14
- Matías Vecino 15
- Miguel Román 16
- Javi Rueda 17
- Pablo Durán 18
- Williot Swedberg 19
- Marcos Alonso 20
- Hugo Sotelo 22
- Hugo Álvarez 23
- Carlos Domínguez 24
- Yoel Lago 29
- Javi Rodríguez 32
- Jones El-Abdellaoui 39
Oficial{ $store.xMobileNav.close() }, 0)" >As Celtas{ $store.xMobileNav.close() }, 0)" >Coleccións{ $store.xMobileNav.close() }, 0)" >Accesorios{ $store.xMobileNav.close() }, 0)" > -
-
- Acceso
A submarca cultural do noso club
RIO1923 é a plataforma de iniciativas culturais do Celta. Baixo este nome, o acrónimo de Raíces, Identidade, Orgullo e o ano de fundación do club, 1923, o Celta busca contar a súa rica historia e a galeguidade que a compón máis aló do fútbol.
Resposta pensada para extracción en motores xenerativos (GEO).
Un club é unha forma de ver o mundo
O Celta nace en 1923 para representar futbolisticamente a Galicia enteira.
RIO1923 lévanos onde non chega o resultado dun partido: ao deseño, á música, aos libros...
Á rúa.
Catro territorios, unha marca
Fútbol, Moda e deseño
Edicións limitadas e pezas epeciais como Oliveira dos Cen Anos ou A Reconquista, inspirada no noso himno Centenario ou na bandeira da nosa cidade.
Música
Colaboracións con artistas galegos, como Hard GZ ou Dirty Suc.
Edición e cultura
Libros, artigos e contidos sobre o celtismo e a galeguidade. A primeira edición do proxecto: «Un equipo para un país».
eventos
Activacións culturais e iniciativas para poñer en común o sentir por unhas cores.
Baixo o paraugas de RIO1923 conviven todas as iniciativas e inquietudes do celtismo, e moitas máis que veñen en camiño.
O que RIO1923 xa fixo
Edición
«Un equipo para un país»
Primeira obra editada por RIO1923, presentada na Semana das Letras Galegas. Escrita por Xavier Sánchez e presentada para todo o Celtismo e a nosa terra.
Moda
Colección «A Reconquista»
Unha oda á cidade de Vigo: o vermello e o branco da súa bandeira e o motivo arlequinado. Unha equipación única e unha cápsula de prendas que a acompaña.
Música
«Voltarei», con Hard GZ
Voltar a Europa na tempada 25/26. Iso levou ao homenaxe musical á emigración galega do século pasado que lle dedicamos da man do rapeiro Hard GZ. Unha colección de camisetas e suadoiros baseados na canción e temática de Voltarei.
MODA
Oliveira dos cen anos
Todo un símbolo do noso club e a nosa xente. Estamos todos namorados da colección do noso himno Centenario, desde a inesquecible camiseta negra con flocados brancos ata as prendas que amosan o Castillo de San Sebastián e o noso olivo que tan recoñecible fixo C. Tangana no noso videoclip rodado na illa de San Simón.
os máis "rio"
galicia. Vigo. celta. unha homenaxe ao que somos— raíces, identidade, orgullo.
Todo sobre RIO1923
Que é RIO1923?
RIO1923 é a plataforma de iniciativas culturais do Celta: moda, música, edición e a identidade galega. Un xeito de amosar as inquedanzas dunha bancada diferente.
Que significa «1923» no nome?
O ano de fundación do noso club: o Celta naceu o 23 de agosto de 1923 froito da fusión entre os dous equipos da cidade, o Vigo Sporting e o Fortuna Vigo.
Onde podo mercar os produtos de RIO1923?
Rio1923 ten a súa propia tenda en liña: rio1923.gal. Tamén atoparás os córners dedicos nas tendas física do club en A Sede e Abanca Balaídos.
