Camiseta Negra Voltarei · Hard GZ · RIO1923

Ref. 13728

29,95€

Imposto incluido.
Envío calculado ao pagar.

O Celta volve á Europa League nove tempadas despois da súa última participación e faino co orgullo de representar a Galicia e á súa xente por todo o continente. Un motivo de celebración que nos fai botar a vista atrás para lembrar a todos os galegos e galegas que, sobre todo durante a segunda metade do século XX, tiveron que marchar a Europa, pero por outro motivo.

Calcúlase que unhas 500.000 persoas partiron desde Galicia cara a países como Francia, Suíza ou Alemaña coa única idea de construír un futuro mellor para os seus. Este carácter loitador forma parte do noso carácter como club, moitas veces resumido na nosa famosa Afouteza.

Lanzamos unha homenaxe musical para lembrar a todos os galegos que tiveron que abandonar a nosa terra con destino a lugares afastados como América ou, máis próximos, como Europa, pero asumindo unha importante fenda cultural e idiomática.

Esta homenaxe convértese, baixo o paraugas de Río 1923, nunha colaboración musical entre o Celta e Hard GZ. ‘Voltarei’ é un recoñecemento a eses galegos que mantiveron na distancia esa esperanza de regresar ao fogar.

Unha composición enérxica, que achega estas historias ás novas xeracións para que nunca se esquezan, a través dos nosos sons máis autóctonos. ‘Voltarei’ é tamén un videoclip onde a nosa paisaxe e o sentimento de pertenza se fusionan para contar esta historia que remata creando unha oda á identidade.

Composición

En Celta, preocupámonos por que a túa roupa dure moito tempo. Consulta as instrucións de lavado dos nosos expertos.

  • Lavar á máquina a unha temperatura máxima de 30 °C, utilizando un programa normal ou delicado.
  • Recoméndase lavar a peza do revés, especialmente se inclúe estampados ou gráficos, para protexer o deseño.
  • Lavar sempre as cores escuras por separado durante os primeiros lavados para evitar transferencias de cor.
  • Utilizar deterxentes suaves e evitar produtos agresivos ou cun alto contido químico.
  • Non deixar a peza a remollo durante períodos prolongados.
  • Non utilizar lixivia nin produtos branqueadores. Estes poden debilitar as fibras do algodón e alterar a cor orixinal da peza.
  • Non usar secadora. As altas temperaturas poden provocar encollemento e perda de forma.
  • Secar preferiblemente ao aire, colgada ou en horizontal.
  • Evitar a exposición directa e prolongada ao sol para preservar a cor.
  • Pasar o ferro a temperatura baixa ou media.
  • Pasar o ferro sempre do revés.
  • Non pasar o ferro directamente sobre estampados, impresións ou zonas decoradas
  • Non se recomenda a limpeza en seco
  • O prazo de entrega dos pedidos oscila entre 2-7 días hábiles, aínda así, poderá variar en función das circunstancias.
  • Para pedidos superiores a 80€, o envío a domicilio é gratuíto (territorio penínsular español).
  • Recollida en tenda Abanca Balaídos ou en Lockers gratuíta.
  • Consulta máis información na sección "envíos".
  • Pode devolver calquera artigo nun prazo de 30 días desde a data de recepción do produto nas mesmas condicións nas que foi enviado.
  • Os produtos serigrafiados non poden ser devoltos.
  • Consulta máis información na sección "devolucións" e nas nosas preguntas frecuentes.

Métodos de pago

  • Visa
  • Mastercard
  • American Express
  • Maestro
  • Apple Pay
  • Google Pay
  • Bancontact
  • iDEAL Wero
  • WERO
  • PayPal

As túas transaccións están protexidas con medidas de seguridade avanzadas para manter a confidencialidade da túa información.

29,95€

Vistos recentemente